Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A comisión de festas de Area-Faro organiza as Festas de San Xulián

Por 10 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A comisión de festas de Area-Faro en colaboración co Concello de Viveiro organizan as Festas de San Xulián 2020.

Estas festas, que serán o 11 e 12 de xaneiro, darán comezo o sábado polas noite coa actuación do dúo Zafiro en sala Flora.

Xa o domingo, ás 13.30 será a misa solemne cantada polo coro parroquial de Cervo, seguido da sesión vermú amenizada de novo polo dúo Zafiro.

Durante a sesión vermú sortearanse agasallos doados por Disco Bar Flora, Óptica Rosario, Restaurante Louzao-Hotel Augadoce e o Hotel Ego-Restaurante Nito.