O IV Cross Comarcal A Mariña Lucense de Lourenzá será o 19

O domingo 19 de xaneiro dará comezo o IV Cross Comarcal A Mariña Lucense que se disputará no municipio de Lourenzá.

Na proba, que ten 5 quilómetros, poderán participar tanto atletas federados como non federados. A carreira disputarase nas inmediacións do campo de fútbol.

As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com, e de balde.

O prazo para inscribirse termina o 16 de xaneiro do 2020 ás 23.59 horas, ou ata cubrir o límite de participantes (100). Non se admitirán inscricións a partir de dita data, nin o mesmo día da carreira.

 

 

Etiquetas