Skip to main content
A PontenovaSin categoríaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Mesa de Alcoa, na que participan Goberno, sindicatos e dirección da empresa, reunirase o 23

Por 13 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A Mesa de Alcoa, na que participan Goberno, sindicatos e dirección da empresa, reunirase o 23 de xaneiro na Subdelegación do Goberno en Lugo.

O presidente do comité de empresa de San Cibrao, José Antonio Zan, confirmou a convocatoria que en principio estaba prevista para o 15 de xaneiro e que por problemas de axenda cambiouse.

A reunión foi convocada polo Ministerio de Industria, e na mesma tamén haberá representantes do Ministerio de Transición Ecolóxica.