Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O Illa Pancha Challenge convírtese no primeiro Campeonato de España de Tow-in

Por 13 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Este ano, a costa mariñá volve celebrar un dos eventos de ondas xigantes que máis repercusión tivo o ano pasado, o Illa Pancha Challenge.

A localización do campionato, na localidade galega de Ribadeo, é especial porque o baixo do Panchorro atópase na desembocadura da Ría de Ribadeo, e en días de maruxía o espectáculo está asegurado. Moi poucas ondas destas características, permiten ao espectador estar tan preto do surfeiro.

O período de espera na primeira convocatoria é do 1 de xaneiro ao 31 de marzo, pero a organización este ano decidiu darlle outra oportunidade por se as condicións non son propicias. Entón este período iría desde o 1 de outubro ao 31 de decembro.

Por primeira vez esta proba será Campionato de España de Tow in, que supón un paso máis para promocionar esta modalidade de surf, xa que exiten poucas parellas no país.

Así, tras o éxito da pasada edición, o Illa Pancha ten confirmados máis de 15 equipos na primeira convocatoria e ofrecerán a lista final nuns días. Nela hai nomes como o de Lucas Chumbo e Ian Consenza, gañadores da primeira edición e probablemente os surfers a bater neste tipo de ondas a nivel mundial. No apartado do Campionato de España están a buscar parellas que se unan aos galegos Juan Fernández e Jairo Barral.

As condicións óptimas para lanzar esta proba son “Swell do Norte Noroeste, ideal 330 graos, período maior a 12 segundos e mar de fondo mínimo de 5 metros, con esas condicións as ondas superan facilmente os doce metros de altura”, contan desde Ribadeo.

As previsións que barallan desde a organización son finais de xaneiro e mediados de febreiro.