Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo acollerá o segundo Encontro da narración oral galega

Por 14 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Mondoñedo acollerá a fin de semana do 24 ao 26 de xaneiro o segundo Encontro da narración oral galega, que reunirá a narradores de toda Galicia para unha convivencia que incluirá unha actuación no auditorio Pascual Veiga.

O venres 24 será a gala na que os participantes xuntaranse no auditorio para unha noite de contos, e será aberta ao público e de balde.

O sábado 25 será a xuntanza na que haberá tamén formación para quen queira achegarse.

Despois será o xantar máis o encontro, que é tan só para o Colectivo de Narración Oral.

O domingo pola mañá haberá un roteiro de contos por Mondoñedo, no que haberá distintos narradores por diferentes puntos da vila, así o público achegarase a escoitar dun narrador a outro as diferentes historias.

“O programa deste ano é máis ambicioso e algo máis amplo” di o organizador e narrador cervense Caxoto. “O ano pasado participaron uns 30 narradores entre eles Ánxeles Goas ou Cándio Pazós. Así que esperamos que esperamos moita participación e que todo o mundo desfrute”, remata.