Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo arranca a 2ª edición da guía para investir no municipio

Por 14 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo arranca a 2ª edición da guía na que se presenta como municipio para investir. Así o indica a alcadesa, Elena Candia, quen valora positivamente esta iniciativa que recolle unha liña de axudas xa en vigor e xurde cun obxectivo claro, o de atraer investimento e crear postos de traballo no municipio.

O novo documento ponse en marcha unha vez que se acadaron os obxectivos da primeira edición. Proba delo, é que parte dos edificios que se identificaron como ociosos (naves de San Lázaro, antigo sanatario de Cabanela ou as casas indianas) xa teñen nestes momentos un proxecto en marcha.

A nova edición constitúe un dos principais instrumentos da entidade local contra a perda de poboación e enmárcase na liña do plan estratéxico de subvencións aprobado. Asemade, dá continuidade á primeira que incluso fora presentada en cidades como como Madrid ou Barcelona, e impulsada dende o Concello para poñer en valor e dar a coñecer todos os recursos que ten Mondoñedo e captar dese xeito a inversión na nosa localidade.

Contido da guía

Esta guía recolle unha pormenorizada relación dos recursos do municipio e as posibilidades empresariais que ofrece. Tal é así, e como se pode ver no documento que se adxunta, recolle aspectos como a situación xeográfica e do contorno, a calidade de vida, a conectividade do municipio, o importante patrimonio histórico-artístico e turístico que posúe, así como os recursos naturais dos que dispón.

En materia económica, recolle as distintas actividades produtivas,  o potencial forestal, a dispoñibilidade de chan industrial e os espazos para emprendedores que Mondoñedo ten nestes momentos, as características do parque empresarial, instalacións industriais e inmobles ociosos, ademais dos incentivos públicos que pon a disposición a entidade local e outras oportunidades que xa implantou como a fibra óptica coa velocidade máis rápida de España, ou as oportunidades relacionadas co potencial forestal, pizarreiro, eólico, agroalimentario, inmobiliario, turístico e os novos nichos de emprego vinculados á economía verde e ao rural.