A asociación O Picato de Trabada renova os cargos

A asociación O Picato de Trabada renovou os cargos directivos na reunión que tiveron o pasado 11 de xaneiro.

Así, a nova presidenta pasa a ser Antía Fernández e o vicepresidente Aitor López. Como tesoureiro estará Gonzalo Santomé e secretario Daniel Neira. Ademais, contan con seis vogais dos cales repiten Marigeles Quintana, Lucía Fernández e Lara Freije, e engadense Alberto Díaz, Elba González e Maricarmen Gasalla.

Por outra banda, a asociación está inmersa na búsqueda do cartel anunciador para as festas do Entroido, para o cal poderán participar todas as persoas que o desexen, presentando a súa obra en formato A4 con temática libre antes do 14 de febreiro de 2020 ás 19.00 horas na libraría Aenlle de Trabada.

Etiquetas