A comisión de festas do San Rosendo de Barreiros organiza a Festa do Caldo

O sábado 25 de xaneiro ás 21 horasa comisión de festas do San Rosendo en colaboración co Concello de Barreiros organiza a Festa do Caldo.

Nesta xuntanza haberá comida, música e diversión, e todo isto por un prezo de 5 euros a ración de caldo e 6 a de cocido, ou pola contra un menúu de 10 euros que inclúe os dous pratos.

A festa estará amenizada polo dúo Arume e será nos colexios vellos de San Miguel, xa que contan con local climatizado.

A entrada é de balde e pódese conseguir nos bares de San Miguel ou aos membros da comisión.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: