Entregados os premios aos gañadores do primeiro Campañazo de xaneiro de Foz

Entregados os premios aos gañadores do primeiro Campañazo de xaneiro do CCA de Foz. Pilar López López resultou agraciada con 300 euros en vales de compra para gastar nos comercios participantes. O cartón afortunado foille entregado no bar Acuario, desde onde Pilar seguiu do Campañazo do pasado venres. Outras seis persoas resultaron premiadas nesta cita e repartíronse os outros 300 euros en vales de compra. 

No acto de entrega dos premios participaron a secretaria de ACIA/CCA, Olaya Pedrosa, así coma José Ramón Rodríguez, propietario do bar Acuario. 

Mañá, venres, ás 23:00 horas terá lugar o segundo sorteo do Campañazo de xaneiro, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En xogo estarán outros 600 euros en vales de compra para gastar nos comercios participantes. 

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: