O punto limpo móbil de Barreiros estará na pista de Vilamartín Pequeno

O punto limpo móbil que implantou o Concello de Barreiros ponse en funcionamento estes días ubicado na pista de Vilamartín Pequeno.

Estará nesta zona ata o vindeiro xoves 23 de xaneiro, compre recordar que a colocación do punto limpo será cada xoves e estará estacionado unha semana.

Desde o Concello lembran aos veciños que revisen os seus fogares e que aproveiten para desfacerse de pequenos electrodomésticos, pilas, bombillas, medicamentos, aerosois…

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: