Skip to main content
AlfozZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Asociación O Castelo de Alfoz mudou a directiva

Por 17 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, vén de comunicar a convocatoria dunha asemblea para a presentación dunha nova directiva que está moi ilusionada, con moitas gañas de traballar por Alfoz e que xa está traballando ao 100% en próximos eventos culturais.

Así, a nova directiva será Daniel Cao Vieito, como presidente; Jacobo Balseiro Villarquide, vicepresidente; Lucas Rega Posada, tesoureiro; e Borja Rego Cao, secretario.

Na reunión tratarán os temas da orde do día como a presentación da directiva, o cobro das cotas de socio e as contas.

Lembra que se alguén se anima a facerse socio que acuda á reunión o venres 17 as 20.00 ou 21.00, ou que se poña en contacto a través desta páxina.