Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A comisión de festas de San Estevo do Vicedo prepara a festa de Entroido

Por 17 Xaneiro, 2020Xaneiro 21st, 2020Sin comentarios

A comisión de festas de San Estevo do Vicedo organiza a Festa de Entroido que xa ten data para o 2020, e será o 29 de febreiro na rúa do Porto.

O sábado no horario infantil, entre as 20 e as 22 horas, a Apa Vicedo poñerá unha colchoneta inchable e máis un posto de gominolas a un prezo de entre 1 e 2 euros.

Haberá un xantar típico destas datas, seguido da festa infantil ás 20.00 horas.

Xa pola noite, ás 21.30 horas dará comezo o gran desfile con premios, e ás 23.00 horas comezará a gran verbena amenizada polo dúo Areal e Discomóvil Rojo.

A organización lembra que haberá un sorteo dunha gran cesta e premios para os mellores disfraces en grupo, en parella e individuais.