Os sendeiristas de Terras de Lourenzá prepara un roteiro pola Pontenova

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o domingo 26 a ruta A Seimeira pola Pontenova.

Este roteiro terá saída ás 8.00 horas do Cantón de Vilanova.

Serán 10 quilómetros de dificultade media, que rematarán nun xantar no restaurante Casa Guillermo en San Andrés de Logares..

A actividade ten un prezo de 35 euros para socios e 40 para os non socios, e é necesario anotarse para participar, ben sexa por teléfono nos 699 706 031 ou 630 085 724 ou no email terrasdelourenza@gmail.com.

Lembran que é necesario levar botas e bastóns.

Etiquetas