Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O alcalde de Cervo visitou a obra da nova beirarrúa que conecta o polígono de Cuíña

Por 18 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de recepcionar a obra da beirarrúa que conecta todo o Polígono de Cuíña “unha zona moi transitada polos viandantes e cuxa seguridade se viu mellorada notablemente”.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, supervisaron a actuación que contou cun orzamento total de 150.000 euros, o 70% procedente da Xunta de Galicia, a través do programa de axudas de Mellora de Infraestruturas dos Parques Empresariais da Consellería de Industria.

Villares destacou a importancia desta obra que abrangue medio quilómetro de lonxitude nunha zona con gran afluencia de peóns que ata o momento carecía de espazos diferenciados para o tráfico rodado e os viandantes.

O investimento inclúe, ademais da execución desta beirarrúa na Avenida da Veiga, o acondicionamento dun aparcadoiro ao carón do IES Marqués de Sargadelos cunha vintena de prazas –unha delas para persoas con discapacidade-,  e a reposición do firme diante do Centro de Día Residencia.