Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Asociación Deportiva Salto do Coro de Mondoñedo prepara unha liga de fútbol sala

Por 19 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo e a Asociación Deportiva Salto do Coro preparan unha liga federada de fútbol sala, que arrincará o primeiro xoves de febreiro.

Aínda está por confirmar o número de participantes para poder pechar o calendario de xogo, peroxa hai seis equipos anotados.

Os partidos xogaranse entre ás 20.30 e ás 00.00 horas no pavillón municpal Viñas da Veiga de Mondoñedo.

Os equipos xa rexistrados son de Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e por suposto do Concello anfitrión. A organización lembra que quedan dúas prazas libres para poder ampliar a competicións a 14 semanas, o máximo para poder organizar máis adiante unha competición de copa.

O prezo da competición é de 25 euros por xogador, inclúendo seguro de accidentes, arbitraxes e material para os partidos.