Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Entregados en Foz os premios aos gañadores dos Concursos de Escaparates e Nadal no Fogar

Por 19 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Entregados en Foz os premios aos gañadores dos Concursos de Escaparates e Nadal no Fogar, convocados polo Centro Comercial Aberto. O acto, que se desenvolveu no bar Acuario, contou coa presenza do presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, do alcalde de Foz, Fran Cajoto,e do concelleiro de Comercio, José Mª Linares.

Un xurado profesional elixiu como os mellores escaparates do Nadal os de Viajes Rodríguez e Electricidad Núñez. E no facebook houbo empate a 299 votos. Dous negocios reuniron o mesmo número de me gustas. Foron: Chuvia e Vas’s Outlet. E a gañadora do concurso Nadal no Fogar foi Antonia Martíñez. Ademais Acia Foz entregoulle un diploma a Olalla Rodríguez, como embaixadora do comercio de Foz, “en recoñecemento polo seu apoio  e colaboración co comercio local”.

Na quenda de intervencións o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, dixo que “levamos xa varios anos facendo o Concurso de Escaparates de Nadal e queremos agradecer a participación de todos e tamén o traballo en equipo porque cando vemos unha rúa chea de ambiente e cos escaparates bonitos todo iso fai equipo”.

Pola súa banda o rexedor, Fran Cajoto, destacou a calidade do comercio local: “o valor humano, o trato próximo, a amabilidade valórao moito a xente de fóra, aparte da decoración e da organización das tendas, porque iso non o hai en moitos sitios de España. A min tamén me tocou vivir fóra e iso non existe. Entón potenciando o bo trato eu penso que as tendas de calidade que continúan van perseverar porque aportades un valor engadido ao prezo, que é esa atención, buscar o que necesita o cliente e como se sinte cómodo e a gusto porque ao final tamén é moi importante saír contento da tenda, non só co que compras senón tamén co trato que recibiches”.