Chega a IX Ruta Paleo por Alfoz

Un ano máis chega a Ruta Paleo e xa van nove edicións deste roteiro equino por terras de Alfoz.

Este ano a data será o 15 de febreiro con saída desde a Ponte de Pau ás 10  horas. Haberá pinchos a media ruta e un xantar ás 14.30 horas na Ponte de Pau.

O xantar ten un prezo de 20 euros para os socios adultos e 10 para os nenos de 6 a 12 anos.

Para participar no xantar é necesario apuntarse chamando ao 665 939 859, 633 672 899 ou 656 497 108.

A data limite para inscribirse é o 10 de febreiro.

A organización lembra que haberá sorpresas e sorteos para os participantes.

Etiquetas