O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá organizará varios eventos este ano

O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá organizará varios eventos este ano, entre eles a ScooTerapia desafío O Fiouco que coincidindo coa Semana Santa farase un roteiro pola Mariña.

Así, para o 9 e 10 abril haberá unha ruta turístico en Vespa polo occidente Asturián e a contorna increible da comarca da Mariña Lucense, visitando monumentos e sitios pintorescos únicos, gozando das vistas ao mar Cantábrico, así como do contraste da Galicia interior e rural, pasando por recunchos inesquecibles os cales deixasen pegada en cada un dos participantes como o val de Lourenzá, O Fiouco, a Senda verde do Eo, a Praia das Catedrais, a contorna de Sargadelos.

O roteiro sairá desde Lourenzá e pasará por Mondoñedo, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, San Tirso de Abres, Vegadeo, Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ferreira do Valadouro, Alfoz, Mondoñedo e de novo volverá a Lourenzá. Ademais, haberáun xantar para todos os participantes.

Por outra banda,  están a preparar a 6° VespaFaba & Clásicos Lourenzá que será o 4 de outubro coincidindo coa Festa da Faba. Unha reunión anual de afeccionados na festa gastronómica laurentina para desfrutar das scooters e vehículos Clásicos.

 

Etiquetas