Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Siluetas, e o título do cartel anunciador do Illa Pancha Challenge 2020

Por 20 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Siluetas, é o título do cartel que promocionará o Illa Pancha Challenge 2020.

A obra pertence a Beatriz Domingo, e desde a organización comunican que foi unha “moi dura a decisión”.

Pola súa banda a artista calificou a súa obra “illa Pancha é a illa, é o faro, é o mar, é a xente. Son as flores e o mar. E é a onda. É branco e é negro. É o azul do ceo. É o fucsia das uñas de gato que tapizan a primavera. É o gris do mar invernal. E é surf. É a forza do Cantábrico que nunca sabes cando ruxirá, pero cando o fai congrega aos mellores surfeiros de ondas grandes do mundo. Tentouse resumir o evento na silueta e cores característicos do lugar. Non hai dúbida, non hai perda. É Illa Pancha Challenge.”