Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

En marcha o libro ‘Cruceiros, Cristos cruces, e outros monumentos’ de Ourol

Por 21 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron un convenio de colaboración para a edición do libro Cruceiros, Cristos cruces, e outros monumentos de Ourol.

A institución provincial achega 5.500 euros para a edición de 600 exemplares desta publicación, que recolle o nome dos cruceiros, a análise da estrutura, materiais dos que están feitos os que están desaparecidos e como se leva a cabo a conservación dos cruceiros das oito parroquias. Este libro recolle tamén os cemiterios máis destacados do municipio, como son o de Ourol, Miñotos e Xerdiz, construídos coas achegas dos emigrantes, sendo de tradición indiana.

No traballo de recollida, a veciñanza colaborou co autor, Mario Saavedra Pérez, a quen guiaron por todas as zonas de onde se puido sacar a información para elaborar o libro.