Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A concentración moteira do Valadouro celebra o seu 25 aniversario

Por 23 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O moto clube Valadouro prepara a vixésimo quinta concentración moteira da localidade que se vai celebrar os días 8, 9 e 10 de maio de 2020. Será unha data moi especial posto que a asociación celebrará o seu 25 aniversario.

A xornada do venres 8 comezará ás 21.00 coa apertura das inscricións e a cervexa de benvida, seguida da pinchada moteira que terá churrasco, tortillas, empanada, chourizo, pan e sobremesa. Acto seguido haberá un concerto a cargo do grupo Claxxon.

O sábado 9 ás 9 horas visitarase o mercado semanal da vila e ás 11 comezará unha pequena ruta moteira a que seguira un xantar no polideportivo.

Pola tarde os nenos poderán desfrutar de inchables gratuítos e ademais haberá unha exhibición acrobática.

Pola noite, os participantes poderán desfrutar dunha cea e doutra exhibición acrobática, todo isto amenizado pola orquestra Palladium.

Xa ás 00.00 fase a gran queimada popular e desfrutarase do baile coa Discoteca Móvil e a orquestra Palladium ata ás 3 da mañá.

O domingo día 10 comezará cun almorzo e unha ruta turística, para despois desfruar dun xantar de despedida no polideportivo.

Ademais, haberá trofeos e sorteos de agasallos para os motoclubs máis numerosos, aos pilotos máis lonxano muller e home, o máis veterano, para a moto máis veterana, o moteiro máis novo, a bandeira máis orixinal e a Miss ou Mister concetración .

Para poder participar haberá que inscribirse por un prezo de 35 euros para todas as xornadas ou de 25 para media xornada. As inscricións antes do 4 de maio terán un prezo de 30 euros.

Estas inclúen camiseta, pin, mochila, pegatina, cervexa de benvida, pinchada do venres, xantar e cea do sábado, queimada, almorzo do domingo, pinchos en ruta, xantar do dominfo, pavillón gratuíto con duchas e os sorteos.

A organización lembra que haberá unha capra instalada no parque Concepción Arenal. Para máis información haberá que poñerse en contacto nos teléfonos 617 290 629 ou 637 523 636.