Xove convoca un concurso de Caretas de Antroido

O Concello de Xove convoca para este Entroido 2020 o Concurso de Caretas de Antroido dirixido a nenos en idade escolar, desde preescolar ata cuarto de ESO.

Os interesados poden inscribirse ata o próximo día 10 de febreiro de 2020.

As caretas poderán realizalas en cartulina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dun folio A4, segundo especifican nas bases adxuntas. A técnica a empregar será libre debuxo a lápis, rotuladores, ceras, collage, etc.

Haberá cinco categorías para os premios, Preescolar (nenos de 3, 4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.

Os premios consistirán en lotes de material escolar cunha valoración de 35 euros. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno e neste caso, a contía total destinada aos premios poderá repartirse en partes iguais entre os gañadores.

O xurado estará composto polo menos por tres membros, seleccionados pola organización do concurso de entre os representantes das asociacións culturais, deportivas ou de outra índole, que consten inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e maila bibliotecaria municipal.

Etiquetas