Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O CIM de Viveiro tramita as prestacións por fillos

Por 24 Xaneiro, 2020Sin comentarios

As familias de Viveiro con fillos e fillas menores de tres anos poden tramitar a prestación económica á que teñen dereito e a Tarxeta Benvida no Centro Municipal de Información Ás Mulleres.

En concreto, o centro informa de que xa saiu publicada a orde pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da Prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de tres anos para o ano 2020. O prazo de solicitude remata o 5 de marzo.

Tamén poden tramitar agora as axudas para as solicitudes do ano 2018 e 2019 sempre que experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar, así como a ampliación da axuda para aquelas unidades familiares técnicamente valoradas como “de especial vulnerabilidade”.

Por outra banda, tamén saiu publicada a orde pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica a través da Tarxeta Benvida.

O CIM de Viveiro está situado na avenida Cervantes e o seu horario de atención ao público é de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas.