Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz mantivo reunións con empresas de promoción turística en Fitur

Por 24 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A delegación do Concello de Foz na feira internacional de turismo (Fitur) que se celebra en Madrid mantivo reunións con representantes de empresas que realizan actividades de promoción do turismo.

O alcalde, Fran Cajoto, comentou que “o primeiro contacto con Fitur está resultando moi positivo. Ademais de apoiar as presentacións da Deputación de Lugo e da Mancomunidade de Concellos de A Mariña, estamos acudido a distintas reunións de traballo con turoperadores, concretamente asociados ao turismo chamado slow, de calidade e desestacionalizado, que queremos promover en toda A Mariña e tamén en Foz. Xa tivemos contacto, por exemplo, cunha empresa de cicloturismo asociado ao Camiño de Santiago. Temos aí unha opción, que ten que ser unha das nosas apostas, como é o Camiño do Mar, que pasa pola basílica de San Martiño e polas parroquias da costa. Estamos traballando niso, en intentar traer turismo de calidade e que a hostalería de Foz consigan máis clientes e que o turismo siga sendo un motor fundamental, especialmente nestas épocas que son difíciles”.

O rexedor municipal engadiu que “Foz e A Mariña teñen moita potencialidade para seguir subindo turisticamente e por iso temos que estar nesta feira, na que se fan moitos contactos e na que se pode coñecer a moitas persoas en pouco tempo. Estamos traballando minuto a minuto para conseguilo”.

E o concelleiro de Turismo, José Mª Linares, explicou que mantiveron reunións “con algunas empresas, por ejemplo de aplicaciones para móviles y de realidad virtual compartida, que pueden ser muy interesantes para implementar en Foz. Esperaremos a que nos manden más información y ofertas y veremos como pueden encajar dentro de la oferta turística de Foz”.