Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O centro de saúde de Burela atenderá tamén pola tarde

Por 25 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O centro de saúde de Burela abrirá en horario de tarde a partir de febreiro tal e como o confirmou o xerente da área sanitaria, Ramón Ares, na súa visita ao centro acompañado do director de Atención Primaria da provincia, Rafael Sánchez Fernández, e da xerente do distrito sanitario da Mariña, María José Cortés Canay, así como da xefa do servizo de Atención Primaria, Vitoria Rodríguez.

O novo servizo, que se instalará na planta baixa do centro de saúde, estará integrado por un médico especialista en medicina familiar e comunitaria, un diplomado universitario de enfermería e persoal de servizos xerais, que atenderán aos pacientes correspondentes entre as dúas da tarde e as nove da noite.

Inicialmente o novo facultativo non ten unha asignación de pacientes senón que os usuarios que o desexen poderán, de forma voluntaria, adscribirse a esta nova cota para ser atendidos en horario de tarde.