Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello escolle aos gañadores da mellor decoración de Nadal

Por 25 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O concello de Mondoñedo vén de facer público o nome dos gañadores do concurso de decoración de Nadal en fachadas, balcóns, portais e árbores de nadal.

Con motivo da festividade do Nadal, o Concello, a través da Concellería de Cultura, organizou no mes de decembro, a terceira edición do Concurso de Decoración de Nadal en fachadas, balcóns, portais, baixantes de auga, xardíns, etc. Este concurso, aberto a todos os veciños con residencia no municipio de Mondoñedo, e que ten como obxectivo incentivar a decoración navideña, xa ten gañadores.

Na modalidade individual, o primeiro premio foi para Alejandro Teijeiro López, o segundo para José Manuel Losada Moreda e o terceiro, compartido por Nélida Fernández e José Ramón Montenegro. Na categoría colectiva, o premio foi para a Asociación Barrio dos Muíños.