A ITV estará en febreiro e marzo na Pontenova

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos estará na Pontenova no mes de febreiro e marzo.

A estación itinerante estará na chousa da Veiga do 27 de febreiro ao 3 de marzo en horario de 9 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 3 que será só de mañá.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con apeiros.

Etiquetas