A Feira do Ferro de Riotorto será o 19 de abril

O Concello e a organización anunciaron que este ano a Feira do Ferro de Riotorto terá lugar o domingo 19 de abril.

Co programa aínda sen desvelar xa se sabe que esta popular celebración contará, coma sempre con demostracións e vivo de oficios, música, xantar e moitas sorpresas.

A Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que chega este ano a súa edición número XIV, está organizada pola Asociación de Ferreiros en colaboración co Concello de Riotorto e subvencionada pola Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.

Non deixa de ser unha das celebracións de máis trancendencia en Riotorto acollendo todos os anos unha gran cantidade de visitantes que se achegan a ver traballar a estes artesán en directo.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: