Skip to main content

O sábado os sub16 do rugby BeOne de Ribadeo desprazáronse a Ferrol a xogar un partido de trámite para pechar a primeira volta de liga Galega.

De novo formaron con 15 xogadores, segundo partido da tempada co equipo completo, no que debutou Rodrigo García Fraga, un sub14 que, despois de callar unha magnífica actuación a semana pasada en Xogos do Principado, animouse a sumarse á expedición e desta maneira, xunto ao Pilier Darío e ao medio de melé Álvaro, coller experiencia nunha categoría superior.

A pesar da derrota a xesta que está a realizar este grupo, con tan só 6 xogadores Sub16 de segundo ano dos cales a metade comezaron esta tempada para practicar este deporte, é digna de mención.

Para o seu adestrador “rematamos a liga Norte nunha meritoria segunda posición, xogaremos agora contra os clubs máis consolidados e as escolas máis numerosas de Galicia, Vigo é o gran favorito a revalidar o título mentres que o noso obxectivo para esta segunda fase é aprender, xogar partidos de alto nivel obríganos a xogar con máis intensidade e concentración, madurar na toma de decisións e en definitiva crecer como xogadores. Obxectivo cumprido, nesta segunda fase é un premio para estes mozos ao gran traballo realizado esta tempada”.

Pola súa banda os Sub18/ Senior xogaron en Tapia de Casariego o seu partido de liga promoción correspondente á volta do seu cruzamento co Pilier de Grao. A derrota non mingua as ilusións deste equipo, que no seu primeiro ano en competición aínda non coñece a vitoria.

Aínda que o obxectivo marcado a principio de tempada foi dar continuidade aos xogadores que ascendían de categoría e consolidar un equipo Senior na mariña Lucense e o Occidente de Asturias non se descarta dar a sorpresa nun dos catro partidos que restan para finalizar a competición, os resultados en ocasións foron axustados e a evolución dos xogadores notable. Se o equipo chega ao final da liga con todos os seus efectivos en disposición de xogar pode saltar a sorpresa.

O vindeiro sábado de novo hai xornada de Xogos Deportivos do Principado e de novo veremos a sub8, sub10, sub12, sub14, sub16 e Inclusivo en acción.