Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro acolle a iniciativa Referentes Galegas

Por 28 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro acolle este xoves a presentación de Referentes Galegas, unha iniciativa da Asociación de Executivas de Galicia para darlle visibilidade ao traballo das mulleres que son referentes no seu ámbito profesional.

O acto será na sala multiusos do Concello de Viveiro ás 18.00 horas e reunirá a diferentes autoridades e público xeral, que poderán escoitar a experiencia de mulleres referentes de distintos sectores. 

Actualmente, son xa máis de 250 mulleres as que forman parte desta gran base de datos. “Unha iniciativa moi necesaria para dar novos pasos cara unha igualdade real na nosa sociedade”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A alcaldesa abrirá o acto, dando paso á intervención da subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez López. A continuación iniciarase a mesa de presentación de Executivas coa participación de Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia, e Verónica Teijeiro, consultora financeira e socia de Executivas. 

A continuación, presentarase a mesa Referentes Galegas na que participarán Lida Enrich, coordinadora do proxecto Referentes Galegas; Ángeles Romero Rodríguez, catedrática da USC da área de Tecnoloxía dos Alimentos; Patricia Argerey Vilar, directora da Axencia Galega de Innovación, e Raquel Atadell, directora da sucursal Caixabank de Viveiro.