Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz fará unha reunión informativa sobre a app Isocrona

Por 30 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O venres 31 de xaneiro, ás 20.00 horas o Concello de Alfoz organiza unha reunión informativa sobre a app Isocrona.

Esta reunión será no salón de actos da Casa da Cultura e explicará a xeolocalización das vivendas coa finalidade de que se poidan atopar rapidamente no caso de producirse unha urxencia.

Na charla estarán responsables da Garda Civil, bombeiros e 061.

Isocrona púxose en marcha para facer máis eficientes aos servizos de emerxencia, xa que a aplicación ten referencias de todas as casas, tanto habitadas como baleiras.