Foz festexará do 14 ao 28 de febreiro o seu Entroido

O Concello de Foz festexará desde o 14 ao 28 de febreiro o seu famoso Entroido cun amplo programa de festexos destinado ao desfrute de nenos e maiores.

O venres 14 a exposición de Entroido chegará ao Cenima, que este ano está adicada á Peña Eche o que hai. Esta mostra poderase visitar ata o 28 de febreiro.

O sábado 8 dará comezo o Entroido coa cea de coroación da Raiña do Entroido, que estará aminezada pola disco móbil Eventec e Dani Rego DJ, ademaís da percusión que animará as rúas da vila.

O xoves 20 celebrarase ás 21.30 horas a Cea-Baile de Comadres na sala Bahía.

O venres 21 ás 20.00 horas levarase a cabo a lectura do pregón da festa, que estará a cargo da Peña Eche o que hai,  e media hora máis tarde dará inicio o Concurso de Coplas.

Chegado o sábado 22, as festas comezarán pola mañá co Fogonazo e das actuacións das charangas e da Perkusionada das Escolas de percusión.

Pola tarde, a partir das 17.00 horas, celebrarase o XXXIX Desfile do Entroido. O desfile sairá desde a zona portuaria e finalizará o seu percorrido en O Campo da Cabana, lugar onde os asistentes poderán desfrutar coa actuación das charangas e cunha chocolatada e dos máis de 7.000 euros en premios.

Pola noite celebrarase ás 23.30 horas o Gran Baile, que estará amenizado polas orquestas Essencia e Charleston.

O domingo 23 ás 17.00 horas levarase a cabo o Baile Infantil onde os máis pequenos poderán desfrutar co show das Pamisuki e a actuación do mago Benxamín. Tamén haberá obradoiros e inchables.

O luns 24, a partir das 23.00 horas os asistentes poderán gozar co tradicional Baile de Entroido e coa actuación da orquestra Ciclomanía e Disco Móbil Eventec.

Por último o martes 5  ás 17.00 horas dará comezo o Gran Baile Infantil a cargo do grupo Disco Móbil Infantil. Os máis pequeno tamén terán actividades de inchables, globoflexia e pintacaras.

Para rematar as actividades, o venres 28, poñerase punto final ao Entroido de Foz coa popular Queima do Entroido. A comitiva fúnebre sairá en procesión ás 22.00 horas desde o Campo da Cabana ata o porto da localidade, lugar este último onde se procederá á queima do Entroido e os presentes poderán tomar un pequeno aperitivo.

Etiquetas