Rosalía Rodríguez, do Ría de Foz, acadou dúas medallas no Campionato Gallego sub-23

A atleta Rosalía Rodríguez- Gigirey Villar estreou o medalleiro autonómico do Club Atletismo Ría de Foz no Campionato Galego sub-23 en pista cuberta que se celebrou en Foz.

A nova atleta mariñá colgouse unha medalla de bronce e outra de prata., xa que vén de proclamarse subcampioa galega sub 23 en pista cuberta de 400ml e acadou, ademais, o terceiro posto nos 800 ml.

Estas dúas medallas teñen un valor especial para o Club, posto que son as primeiras que o ría de Foz acada como club federado.

Etiquetas