A oficina de información xuvenil de Viveiro impulsa un servizo de asesoramento

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Viveiro puxo en marcha un servizo de asesoramento a mozos e mozas menores de 35 anos para mellorar a súa empregabilidade e inserción laboral.

O servizo concíbese como un asesoramento especializado nas tarefas de elaboración do Currículum Vitae máis axeitado ao perfil profesional da persoa e no desenvolvemento de técnicas para abordar a entrevista de traballo.

A oficina prestará tamén asesoramento sobre os distintos programas de formación existentes, así como o fomento da autonomía dos mozos/as como auténticos protagonistas do seu proceso de busca de emprego.

“Os concellos non temos competencias en materia de emprego, pero estamos na obriga de poñer a disposición dos mozos e mozas as ferramentas necesarias para impulsar o seu acceso ao mercado laboral”, sostén a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

As persoas interesadas neste servizo poden achegarse á OMIX ou contactar con ela por correo electrónico en: xuventudeviveiro@gmail.com, no teléfono 982560128 (ext. 1135) ou nas redes sociais @xuventude.viveiro.

Etiquetas