Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Ratiño Pérez presenta o seu libro en Mondoñedo

Por 31 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Ratiño Pérez continúa con a súa xira de presentación do seu libro. Nesta ocasión, o sábado 1 de febreiro estará na casa da xuventude de Mondoñedo, a partir das 12 horas con sesión de contacontos incluída. A esta cita están invitados, como non podía ser doutro xeito, os pequenos e non tan pequenos siareiros destas mascota tan vilalbesa.

A autora, Begoña Ramudo, presenta un libro baseado en valores educativos, ambientado na zona e con fotografías de recunchos do concello. Ademáis, ao rematar, para todos aqueles que o desexen, Begoña realizará sinatura de exemplares.