Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Viveiro realiza diferentes obras de mellora no pavillón de deportes de Celeiro

Por 1 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro vén de realizar nos últimos meses diversas obras de mellora no pavillón de Celeiro, dando continuidade aos traballos de renovación no conxunto das infraestruturas deportivas.

Os traballos consistiron no incremento dos módulos de gradas, que pasaron dos dous existentes aos catro actuais; na rehabilitación da recollida de augas pluviais no perímetro do edificio, e na reposición de seis cristais que se atopaban rotos, como consecuencia de actos vandálicos.

“Esta intervención forma parte da programación do concello co obxectivo de mellorar as instalacións municipais e neste caso en concreto deste pavillón, sendo conscientes de que aínda hai necesidades que solventar, como pode ser o chan do mesmo”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

Tamén no eido deportivo, hai uns días remataron os traballos para renovar o pavimento do pavillón municipal, unhas obras que serviron tamén para pintar o interior das instalacións.

Para o Concello de Viveiro, o deporte e o fomento dos hábitos de vida saudables son prioridades na súa acción de goberno. Cada ano son máis os veciños e veciñas de todas as idades que practican algún tipo de modalidade deportiva.