Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Cervo convoca un certame de cartas de amor

Por 2 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo convoca o I certame de cartas de amor e desamor, para celebrar un ano máis o Día dos Namorados. 

As persoas participantes deberán entregar a súa carta escrita que non supere tres folios, e levará un título e irá asinada con pseudónimo.  

As cartas recolleranse na Casa do Concello, en Cervo, e na Casa da Cultura, en San Cibrao; e tamén poden enviarse ao correo electrónico dinamización@concellodecervo.com co asunto I Certame de Cartas de Amor e Desamor.

Poderán participar escritores maiores de 16 anos que presenten as súas obras en galego, e poderán presentar ata dúas obras.

Os participantes poderán entregar cantos traballos desexen ata o vindeiro 10 de febrero, cando remata o prazo. O fallo do xurado farase público o 14 de febreiro.

Os traballos gañadores serán publicados nas redes sociais do Concello de Cervo.

O primeiro premio levará un diploma, un lote de libros e unha cea para dúas ceas, e o segundo un diploma, un lote de libros e un agasallo.