Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta de sendeirismo

Por 2 Febreiro, 2020Sin comentarios

A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 8 de febreiro dende o mirador de Limo ata o santuario de San Andrés de Teixido.

A saída será ás 8.30 horas da Estación de Autobuses de Burela.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves, día 6, ás 14.00 horas.

O prezo é 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe autobús, comida e seguro.

A ruta ten unha distancia de 12 quilómetros e un nivel de dificultade media.