O CIT da Pontenova organiza un obradoiro de montaxe de moscas e peixes

O CIT da Pontenova organiza un obradoiro de montaxe de moscas e peixes para o sábado 29 de febreiro.

Esta actividade será na Casa da Cultura e estará impartida por José A. Vinuesa, Manuel López (Malorro), Julio Seijas, Paco Porto, Antonio Vilariño, Ricardo Bergaz, Joaquín L. Quintas e Luis Sandamil.

Ademais da xornada de montaxe, haberá un xantar no Lar de Balbina por un prezo de 15 euros.

Para participar ou máis información é necesario chamar ao 670 907 768.

Tamén haberá sorteo de agasallos entre os asistentes.

Etiquetas