Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro publica as bases para participar no desfile e concurso de disfraces de Entroido

Por 3 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro ultima os detalles da programación do Entroido 2020 e xa ten listas as bases para participar no tradicional desfile e concurso de disfraces do martes 27 de febreiro, no que repartirá máis de 5.500 euros en premios nas diferentes categorías.

Á espera de publicar o cartel e a programación íntegra prevista para o Entroido, que se dará a coñecer proximamente, o Concello publica estas bases e anuncia que o prazo para apuntarse no desfile vai do 10 ao 20 de febreiro.

Establécese, ademais dos premios, unha axuda especial por importe máximo de 200 euros, que se concederá a cada unha das carrozas participantes no desfile. Para poder obtar a dita axuda teñen que estar inscritas no prazo establecido

No concurso haberá as seguintes categorías: categoría adultos, que inclúe carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual; e categoría infantil, que inclúe individual, parellas e grupos.

Os participantes poderán inscribirse unicamente nunha categoría. É imprescindible ir ataviados co disfraz no momento da entrega de premios, que se efectuará ao remate do desfile.

Todas aquelas persoas que desexen solicitar o préstamo dunha carroza de titularidade municipal para participar no desfile de Entroido do concello, poden presentar as súas solicitudes no rexistro municipal ata o venres 14 de febreiro. As carrozas prestadas serán recollidas na nave municipal e devoltas no mesmo lugar, debendo entregarse no mesmo estado no que se reciben.