VIA Alfoz propón a baixada dos tipos do IBI tras a subida do catastro

No Pleno do Concello de Alfoz celebrado este venres día 31 de xaneiro, VIA Alfoz propuxo que se estude a modificación da ordenanza reguladora do IBI coa intención de reducir o recibo da contribución coa baixada dos o tipos impositivos, “dentro dos tipos de gravámenes mínimos establecido legalmente” indican desde VIA.

“Nos últimos anos, o chamado catastrazo consistente nunha regularización e revisión catastral e principalmente na subida dos valores dos bens “deu lugar a importantes subidas nos recibos dos nosos veciños”. Con esta subida e o cobro dos atrasos a recadación das arcas municipais aumentou considerablemente o que permitiu, en gran medida, amortizar a débeda municipal do Concello de Alfoz”, din desde a formación política alfocense.

Desde VIA indican que “é de xustiza que, se os veciños, a través do aumento dos seus impostos, axudaron a pagar a débeda municipal, agora debemos compensalos reducíndolle na medida do posible os seus recibos do IBI”. 

O Concello de Alfoz procederá a adquisición dun desfibrilador portátil para o que se incluirá unha partida nos próximos orzamentos municipais. “Utilizar un desfibrilador pode ser determinante para salvar una vida” indican desde VIA, polo que agradecen que o goberno municipal acollese a súa proposta. No Pleno indicouse que a adquisición irá acompañada dunha formación guiada por persoal experto, para persoal responsable de espazos públicos locais. 

Por outra banda, como xa ocorrera no Pleno do pasado mes de setembro de 2019, onde o grupo municipal do PSOE de Alfoz votara en contra dunha moción presentada por VIA Alfoz, relativa ao arranxo de diferentes puntos negros da rede de vías provinciais, “principalmente as pontes de Centoi, Bao, Xordelo e Pías”, no Pleno de xaneiro volveu a repetirse o sentido do voto ante unha moción do grupo municipal Popular. A moción, na mesma liña da presentada por VIA, solicitaba á Deputación Provincial de Lugo melloras en diferentes estradas da súa titularidade. O PSOE votou en contra desta reclamación, VIA e PP votaron a favor. 

Etiquetas