Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro segue impulsando o Juepeo dos xoves

Por 5 Febreiro, 2020Febreiro 10th, 2020Sin comentarios

Tapear percorrendo a cidade do Landro e as súas rúas, é un costume tipicamente vivariense que se remonta máis aló dos anos 50.

Por iso, neste senso Viveiro segue impulsando o Juepeo, os xoves de tapeo polo centro histórico. Polas noites, haberá unhas exquisitas tapas nunha contorna inmellorable.

Os participantes son o Restaurante O Muro, Gastrobar Los Leones, Cornelius Taberna Gastronómica, Restaurante Casa Pepi, Bar Normandy, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban e Mesón A Ría.

Prepararán todos os xoves de febreiro unhas exquisitas tapas por tan só 2 euros. Ademais tomando 3 tapas poderase desfrutar de ir ao cine de venres a domingo por tan só 5 euros. Ademais, os participantes poderán optar a 200 euros en vales de compra.