Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O XI Roteiro Ecuestre Apreval terá lugar o 7 de marzo no Valadouro

Por 6 Febreiro, 2020Sin comentarios

O XI Roteiro Ecuestre Apreval terá lugar o sábado 7 de marzo no municipio do Valadouro.

A xornada comezará ás 12.00 horas con a degustación duns deliciosos petiscos de benvida no Pub Atalaia.

Ás 14.00 horas comezará un roteiro a cabalo que transcorrerá polas paraxes do Val.

Ás 17.00 horas realizarase unha pequena parada para repoñer forzas e ás 19.00 horas finalizará a marcha.

Entrada a noite, os asistentes poderán gozar a partir das 21.00 horas dunha gran cea-baile no Restaurante Asador de Barreiros.

A medianoite levará a cabo o sorteo de diversos agasallos.

Para máis información haberá que chamar aos teléfonos 636 200 968, 654 334 746, 658 032 019 e 600 776 237. A data límite para anotarse é o 1 de marzo.