Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os socialistas de Mondoñedo piden que se adecente o río Valiñadares

Por 6 Febreiro, 2020Sin comentarios

A voceira socialista de Mondoñedo, Esperanza González presentou un rogo na sesión plenaria do mes de xaneiro, na que demandou ao Concello que realice as xestións oportunas para adecentar o rio Valiñadares, xa que leva moito tempo sen auga pola rotura dunha presa pola que transcorre o seu caudal, e que afecta directamente aos canais do río ao seu paso polo Barrio dos Muíños.

O Grupo Socialista de Mondoñedo tamén interpelou ao Goberno de Elena Candia sobre a rehabilitación da Capela de San Lázaro, xa que tal como consta no seu expediente, esta obra tiña que estar executada e recepcionada oficialmente con data limite 26-12-19. “Candia manifestou que o Concello solicitou a prórroga correspondente para esta subvención”, sinala González.

Arranxo de pistas

O Grupo Socialista tamén se fixo eco das queixas dos veciños de Mondoñedo que denuncian o estado no que se atopan as pistas e as estradas que están deterioradas pola extracción de madeira. Nesa liña a Voceira Socialista lembrou que Elena Candia mantivo unha xuntanza, o pasado 13 de xaneiro, con varias empresas forestais para programar arranxos destas pistas que están deterioradas. “Segundo nos puido confirmar a propia Alcaldesa nesta mesma sesión plenaria os maderistas comprometéronse a arranxar todas as pistas do Concello”.