Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Asociación O Castelo prepara o Entroido de Alfoz para o luns 24

Por 7 Febreiro, 2020Febreiro 13th, 2020Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz organizará a festa de Entroido na xornada do luns 24 de febreiro.

A celebración será no pavillón municipal, e contará cun gran Concurso de Disfraces dotado con 1.400 euros en premios no que poderán participar nenos, adultos, charangas e comparsas.

Os actos comezarán ás 20.00 horas coa apertura de inscricións e acto seguido comezará o desfile e repartiranse os premios na categoría infantil e despois actuará unha orquestra. Ás 23.00 horas será a quenda do desfile e a entrega de premios na modalidade adulto.

A continuación, a festa proseguirá coa animación musical dunha orquestra para amenizar o baile. A entrada ao recinto será gratuíta.