A Pontenova organiza un xantar baile o domingo por Santa Apolonia

A Pontenova organiza un xantar baile o domingo 9 de febreiro para celebrar a festividade de Santa Apolonia.

A festa, que será no local das asociacións, comezará coa sesión vermú ás 14 horas amenizada por Verónica Gambón.

Para o menú, que ten un prezo de 26 euros, haberá que mercar a tarxeta de participación antes do xoves 6 en Orli, Teresa Roupa ou na panadería Millán.

Etiquetas