Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Balance positivo da participación de Burela na Feira Xantar

Por 7 Febreiro, 2020Sin comentarios

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, fan un balance moi positivo da participación de Burela en Xantar, en Ourense. Alí tivo lugar este mediodía unha degustación de bonito, que foi un éxito. Ata a feira se desprazaron 55 veciñas e veciñas de Burela no autobús que puxo o Concello para facilitar a súa visita a esta cita gastronómica.

O rexedor contou que “participamos na feira Xantar, en Expourense, á que merece a pena vir porque é unha exposición gastronómica de todo Galicia, do norte de Portugal e doutros lugares de todo o Estado. Polo tanto hai moita variedade e diversidade, realmente é unha referencia clara do que ofrece a xente. Nosoutros acudimos cun stand no que tivemos propaganda e publicidade do que é o noso concello, pero tamén do peixe que alí se pesca. Trouxemos degustación de bonito en diversas preparacións, como empanada ou salpicón, que estaban todas moi ricas e gustou moito á xente”.

Llano explicou que “hoxe foi o Día do Mar e participei nunha explicación, xunto con outros alcaldes e outras persoas tanto do norte de Portugal como das costas Atlántica e Cantábrica, e fixemos unha exposición do que é Burela, do que se pesca, do noso importante porto que é referencia clara no Cantábrico, das nosas especies que xa son moi coñecidas como a pescada do pincho e o bonito. Animamos á xente a que vaian visitar Burela, a ver o barco museo e á feira do bonito, que é o primeiro sábado de agosto e que agora ten unha gran importancia por estar catalogada de interese turístico nacional”.

O alcalde engadiu que “no noso stand houbo moita xente, sobre todo tendo en conta que xa levamos de Burela 55 persoas, veciños que nos acompañaron hoxe para esta presentación no recinto feiral de Expourense. Tamén pasou polo noso stand a conselleira do Mar e outras personalidades. Gustou moito todo o que ofrecemos, as explicacións que se deron alí tamén e os dípticos e a información que levamos. E por tanto pensamos que é importante participar neste tipo de eventos que realmente ofrécennos unha oportunidade grande de expoñer o que temos no noso concello e facer publicidade, animar e motivar para que a xente nos veña visitar en calquera momento do ano e proben o bonito, a pescada ou calquera outro peixe. Penso que hai que cualificar esta acción como moi positiva. Hoxe foi un día interesante, guapo e participativo, no que falamos con moita xente”.

Pola súa banda, o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, dixo que “despois de rematar os actos organizados desde o Concello de Burela en Xantar temos que facer un balance máis que positivo da xornada de hoxe. Aínda faltan dous días de feira e esperamos que na fin de semana tamén teñamos moita afluencia de xente no noso stand preguntando polos nosos atractivos turísticos. Pero o día de hoxe foi moi positivo, o alcalde fixo unha alocución diante de moita xente e foi moi aplaudida. Este tipo de feiras dannos a coñecer en todo Galicia e incluso en Portugal, de onde había moita presenza. A degustación foi un éxito, tivemos moita xente e incluso recibimos a visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana”.

O edil burelés xa pensa na vindeira edición desta feira gastronómica: “de cara ao ano que vén contamos volver estar en Xantar porque vemos que é unha feira positiva e todos os veciños e veciñas que nos acompañaron van contentos, encantados desta feira; foi unha experiencia positiva para eles e nosoutros estamos satisfeitos porque despois de organizar unha actividade por parte do Concello a xente vaia contenta”.