Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Lourenzá acollerá un curso de riscos laborais no sector agroforestal

Por 7 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Lourenzá acollerá un curso de prevención de riscos laborais no sector no sector agroforestal, que se celebrará os días 17, 18, 19 e 20 de febreiro e 2, 3, 4, 5, 9 e 10 de marzo.

Este curso está organizado polo Sindicato Labrego Galego e ten unha duración de 40 horas.

A sesión terá lugar entre as 15.30 e as 19.30 horas no Local Social do SLG en Lourenzá e son gratuítas para todos os que desexen asistir.

Os interesados en asistir poden anotarse no teléfono 982 121 376 ou no email lourenza@sindicatolabrego.com

Nas charlas falarase dos criterios de inspección coas empresas do sector gandeiro e agrícola, as sancións, a prevención de riscos laborais, así como de accidentes de traballo e enfermidades profesionais propias do sector.