Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O CCH de Viveiro respalda a nova Asociación Galega de Centros Comerciais Abertos

Por 7 Febreiro, 2020Sin comentarios

Xerentes de centros comerciais abertos e mercados de abastos de toda Galicia puxeron en marcha un novo colectivo, a Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos e de Zoas Comerciais Urbanas, na que están integrados o 90% dos 52 CCAs existentes na comunidade autónoma.

A crítica situación pola que está pasando o comercio de proximidade é o que levou ós xerentes a crear unha nova asociación que lles permita traballar conxuntamente como elementos vertebradores do tecido comercial e implementadores das políticas comerciais da Xunta de Galicia, poñendo en común as súas experiencias nas diferentes localidades. Ademais prantexarán novas liñas de traballo ás administracións para actualizar e dinamizar as liñas de axuda vixentes adaptándoas á realidade actual.

A Directiva estará presidida polo xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, na vicepresidencia estará o xerente de Centro Príncipe de Vigo; como secretario o xerente de Compostela Monumental; como tesoureiro o xerente de Cambados Zona Centro, e como vocal estará a xerente de Zona Monumental de Pontevedra. Isabel Méndez, xerente do Centro Comercial Histórico de Viveiro tamén formará parte como membro asociado.  

Á reunión constitutiva que tivo lugar en Santiago fai unhos días, na que estivo presente a xerente do Centro Comercial Histórico de Viveiro, acudiu de xeito informal o secretario xeral de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, con quen queren establecer un novo marco de traballo que permita a dinamización real dun sector para o que cada vez se abren máis frontes.

Crear estratexias de promoción do comercio que vinculen este sector tanto cós mercados de abastos como có turismo é unha delas. Cren que se poden xerar sinerxías favorables para todo el tecido empresarial dunha vila traballando de forma conxunta.

Pero o primeiro que necesitan é coñecer a situación real do comercio nas zoas urbanas e rurais. Consideran ca nova asociación debe abordar un estudio de diagnóstico que analice a crecente escalada do pequeno comercio e as causas co provocan para poder atallar un problema que non é exclusivo dos comerciantes, senón que afecta ó propio dinamismo das vilas.