Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As Minas da Pontenova organizan a festa do Entroido

Por 8 Febreiro, 2020Sin comentarios

A asociación cultural e deportiva As Minas da Pontenova en colaboración do Concello organizan a festa do Entroido para o 22 de febreiro.

Os actos darán inicio ás 23.00 horas coa celebración do Baile de Entroido, que dará paso á 01.30 da madrugada ao desfile e concurso de Entroido.

Así, en grupos, os premios serán para os tres primeiros clasificados é terán unha cuantía de 300, 200 e 100 euros. Na modalidade charangas os premios serán de 200 e 100 euros, en parellas serán de 100 e 60 euros, e en individual de 60 e 30 euros.

Para participar as inscricións poden facerse ata o sábado 22.

Ademais, o día 23 será o Entroido infantil no local do museo do Salmón a partir das 17.00 horas.

Esta festa infantil está organizada polo CIT da Pontenova